A mellor comida ecolóxica en O Cabaceiro

O Cabaceiro somos unha tenda de alimentación a granel na que soamente traballamos con produtos locais e ecolóxicos. Sabemos que os nosos clientes son moi esixentes e demandan calidade polo que poñemos á súa disposición todo tipo de produtos a granel, desde pastas, doces e conservas, ata azucres e cacaos sostibles.

Somos un establecemento especializado na venta de nabizas e grelos frescos e de primeira calidade gracias ao traballo e ao compromiso dos nosos proveedores. Dentro dos nosos produtos frescos, atopará unha gran variedade de froitas e verduras de Galicia cultivados de forma ecolóxica.

Compra só a cantidade que necesitas!

Un dos nosos produtos máis especiais son as cestas-agasallo confeccionados cos mellores produtos ecolóxicos e que un dos nosos profesionais encargarase de entregala onde o solicites. Tamén temos unhas cestas especiais para o almorzo coas que poderás mellorar o día a esa persoa tan especial.

Para mellorar o noso servizo incorporamos a entrega da compra a domicilio baixo demanda. Se necesitas que te levemos a compra ou queres pedir máis información sobre calquera dos nosos produtos, chámanos!.

Produtos frescos e artesáns en Ourense

En O Cabaceiro só traballamos con produtos frescos e de tempada para garantir a máxima calidade na comida que poñemos á venta. A nosa filosofía fixo posible que teñamos a mellor froita e verdura de Ourense.

Cada día cociñamos pan e empanadas de calidade con fariñas especiais e ecolóxicas feitas con materias primas procedentes de granxas da provincia. No noso local temos unha ampla sección de comercio xusto e de comida vegana para celíacos.

A nosa tenda en Ourense

Estamos en Ourense

Visita a nosa tenda e proba as nosas conservas vexetais e artesás. Temos servizo a domicilio.