Variedade de produtos ecolóxicos en O Cabaceiro

En O Cabaceiro contamos cunha ampla selección de produtos ecolóxicos e de tempada, que satisfagan as exixencias de cada cliente. Os provedores cos que traballamos son todos da provincia de Ourense, o que garante a frescura de todos os nosos alimentos.

A nosa experiencia no sector permítenos coñecer cales son os produtos máis demandados. Por iso, preocupámonos de aumentar as nosas seccións de comercio xusto, de comida vegana e de produtos para celíacos.

A satisfacción dos nosos clientes é o primeiro e por iso poñemos á súa disposición o servizo de entrega da compra a domicilio e as cestas elaboradas con produtos a granel e alimentos artesanais. Se queres que fagamos unha cesta-agasallo a túa medida, só tes que pedírnolo.

Especialistas en froita e verdura ecolóxica

En O Cabaceiro somos especialistas na venta de froita e verdura ecolóxica grazas á lealdade dos nosos clientes e a profesionalidade dos nosos provedores locais. Todas as froitas e verduras que temos son cultivadas na provincia de Ourense de forma ecolóxica e sostible, respectando sempre o medio ambiente.

Os nosos produtos máis destacados son as nabizas e os grelos de tempada. Pero tamén atoparás patacas, ovos e allos para que saias da nosa tenda con todos os ingredientes necesarios para calquera receita.

Produtos a granel

Na nosa ampla sección de produtos a granel atoparás gran variedade de legumes, pastas, especias, fariñas, cereais, azucres e cacaos. En O Cabaceiro estamos en contra do desperdicio alimentario, por eso cada ano traballamos para aumentar os produtos ao peso para que só compres a cantidade xusta.

Isto permitirache mellorar a túa dieta e reducir a cantidade de comida que tiras por estar caducada ou ser demasiada. A compra de produtos a granel tamén che axudará a aforrar na túa cesta da compra, sobre todo, da xente celíaca e vegana.

Conservas e doces artesáns

En O Cabaceiro contamos cunha ampla variedade de produtos elaborados de forma artesanal e producidos en Galicia. Destaca a nosa selección de conservas vexetais e de pesca sostible: marmeladas, confeituras, patés, latas de conserva de mexillón e zamburiñas.

Para os máis lambóns contamos cunha oferta de doces artesáns feitos en Galicia, onde os protagonistas son a bica e os licores caseiros. Pero tamén invitámosche a que probes os nosos chocolates, galletas, iogures, queixos de cabra, ovella ou vaca.

Baixo o noso lema "o pan de cada día", elaboramos pan e empanadas de calidade e cociñados con fariñas ecolóxicas e leite e ovos de granxas locais. Nos nosos produtos só atoparás o sabor de sempre, o tradicional.

Viños das D.O. de Ourense

Ademáis dunha gran variedade de alimentos, en O Cabaceiro contamos cunha viñoteca na que poderás atopar unha selección especial de viños das diferentes D.O. da provincia de Ourense. Nesta sección tamén hai outras bebidas artesás como sidras, licores ou cervexas. Tamén vendemos viño a granel.

Algúns dos nosos produtos

Queres máis información?

Estás interesado nalgún dos nosos produtos ecolóxicos? Ven a visitarnos á rúa Pena Corneira, 8 en Ourense